martes, 17 de marzo de 2015

Conferencia sobre o machismo

VIOLENCIA DE XÉNERO


O vernes 27 de febreiro, asistimos a unha charla sobre o machismo. A autora desta charla foi Amanda Díaz Pena, licenciada en psicoloxía pola universidade de Santiago de Compostela (USC) e con un máster en prevención da violencia de xénero.
Amanda Díaz é a presidenta da asociación "Enriqueta de Otero", de mulleres luguesas contra a violencia de xénero.





A súa experiencia:
  • Informadora xuvenil.
  • Formadora en resolución de conflitos.
  • Formadora en prevención da violencia de xénero.
  • Formadora no módulo da igualdade de xénero.
  • Formadora en habilidades sociais.
  • Psicoloxía

A ORDE DAS COUSAS





Julia, a nosa protagonista é unha muller que a pesar de ter voz e poder falar, non pode dicir o que ela sente, porque o seu marido é un maltratador.
O nivel da auga que primeiro vai subindo "gota a gota" é un pouco o valor que Julia vai recollendo ao longo do tempo, non obstante Marcos quita o tapón, diminuíndolle así o nivel de valor e fortaleza que xa vai gañando.
Por outro lado o cinto que Marcos busca desesperadamente que é unha herdanza, e que simboliza a autoridade, obediencia. A posesión que ten sobre Julia, tomando como normais os abusos e malos tratos, ao non telo desespérase, síntese pouco home, e é por iso que o necesita para alimentar a súa forza e sentirse superior, pero tamén porque quería que Marquiños herdase esa forma de ser.
A porta do baño está en todo momento aberta para que todo o mundo a vexa, e desa forma sentirse humillada.
Un día chega a casa a familia do home, cando o irmán de Marcos tira unha copa de viño ao chan, Marcos vai recollela, pero o seu irmán deteno e recórdalle que esa non é a súa función. É a muller do seu irmán quen debe recollela, pois ela xa estaba acostumada a ese tipo de maltrato, polo tanto ela tamén pensaba dese xeito.
O xoguete que se semella a un avión estaba escachado, o pai promételle que o vai a arranxar, cousa que nunca ocorrerá. Este suceso simboliza a perdida da inocencia, cando o neno se decata de que o seu pai, téndoo como unha figura de heroe, maltrata a súa nai, deixa de ser o seu modelo a seguir.
Na xuventude de Marquiños vai dándose de conta de que a situación supera calquera límite e decide marchar da casa.
Marcos dálle a oportunidade a súa nai de que o acompañe, dándolle outro tipo de vida. Pero ela por covardía e medo, queda co seu marido.

Ao final ela volve á superficie dende a profundidade do océano, soa, como empezando de cero e tendo que nadar moito ata chegar á veira, como símbolo de loita.